O apelido portugués Magalhães, que en castelán pode adaptarse como Magallanes e, en galego, ás veces, como Magalláns, pode referirse a:
Persoas Afonso de Magalhães de Almeida Fernandes, militar portugués. Antônio Carlos Magalhães, político brasileiro. Carlos Leôncio de Magalhães, cafecultor brasileiro. Cleidimar Magalhães Silva, futbolista brasileiro. Fernão de Magalhães, nado en Portugal, nacionalizado español, un dos grandes descubridores ao servizo da Coroa de Castela. Jaime de Magalhães Lima, filósofo portugués. José de Magalhães Pinto, banqueiro e político brasileiro. Juracy Magalhães, militar e político brasileiro. Luís Eduardo Magalhães, político brasileiro; un municipio leva o seu nome. Mallu Magalhães, cantante brasileira. Olinto de Magalhães, médico e diplomático brasileiro. Paulo Magalhães, futbolista chileno nado no Brasil. Pedro Ayres Magalhães, guitarrista portugués. Yoná Magalhães, actriz brasileira.
Lugares O Estreito de Magalláns ou Estreito de Magallanes, localizado en Chile coas súas bocas orientais na Arxentina, no extremo sur de Suramérica. O Territorio de Magallanes, antiga división territorial chilena. A Provincia de Magallanes, unha provincia chilena, da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. A Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, actual rexión de Chile, situada no extremo austral de dito país. Magallanes, municipio da Provincia de Agusan del Norte, en Filipinas. Magallanes, municipio da Provincia de Cavite, en Filipinas.
Astronomía As Nubes de Magalhães, dúas galaxia próximas á Vía Láctea, a Gran Nube de Magalhães e a Pequena Nube de Magalhães. A sonda espacial Magalhães (en inglés, Magellan) a Venus.
Outros A Universidade de Magallanes, universidade estatal chilena, con sede principal na cidade de Punta Arenas. A Canoneira Magallanes, un buque de guerra chileno que participou na Guerra do Pacífico (1879-1883). O Club Deportivo Magallanes, club de fútbol, un dos máis antigos de Chile. O Magallanes, a edición dominical do diario chileno La Prensa Austral. Os Navegantes do Magallanes, equipo de béisbol venezolano. O Magallanes, navío español de fins do século XVIII e comezos do XIX. O Magallanes, un buque construído pola Cunard Line baixo o nome de China, vendido en 1880 a un armador español.