Maria Luiza de Arruda Botelho Pereira de Magalhães, nada na cidade de São Paulo o 29 de agosto de 1992,Biografia de Mallu Magalhães en letras.com . máis coñecida polo seu nome artístico Mallu Magalhães, é unha cantante, compositora e instrumentista brasileira.

Con catro álbums e un DVD lanzados, os seus maiores éxitos son "Velha e Louca", "Tchubaruba", "J1" e "Shine Yellow".

O seu máis recente traballo recibiu eloxios do xornal The New York Times. Segundo este xornal, Mallu mostra unha "sensibilidade propia" e é "cativadora". Tamén di que ela "non se preocupa demasiado en encontrar o ton exacto".Mallu Magalhães é eloxiada polo New York Times .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Cantantes do Brasil Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en São Paulo