miniatura|300px|5 céntimos ou "cadela". O "can" (10 céntimos) tiña o anverso e o reverso iguais, e cambia só o valor facial e o seu tamaño. A cadela, can (ou can pequeno), carocha, mota pequena ou pataca era o nome coloquial co que se denominaba a moeda española de 5 céntimos de peseta, que se comezou a emitir en cobre en 1878 e acabou por ser de aluminio en tempos de Francisco Franco.Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
O nome déuselle en alusión ao león que aparecía no reverso, que a xente deu en confundir cun can, seguramente cun afán sarcástico.
Así mesmo, chamábaselle can á moeda de iguais motivos no anverso e no reverso co dobre de peso, tamaño e valor (10 céntimos).Pita Fernández, Ricardo Luís. “Denominacións de moedas: can/cadela”. En Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999 [ISBN 84-605-9958-2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Can (moeda) Peseta
Ligazóns externas «Adiós peseta». Fábrica Nacional da Moneda. p. 9.
Categoría:Moedas de España Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Numismática de Galicia