O glutónDenominación proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm (Gulo gulo) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

Características Trátase dun animal cunha lonxitude que oscila entre os 70 e 90 centímetros. O seu peso pode variar entre os 10 e 20 quilogramos. É a especie meirande dentro dos mustélidos. Semella un pequeno oso pardo, co rabo denso e as patas moi longas. É unha especie solitaria que vive en grandes extensións, sen un lugar permanente de residencia. A súa alimentación é omnívora: dende bagas ata paxaros, lemmings ou lebres. Tamén depreda especies meirandes coma o cervo ou o reno, mais unicamente os individuos enfermos ou envellecidos. En ausencia de caza pode alimentarse de calaza.

Distribución Por toda a zona de tundra e taiga en Eurasia. Tamén presente no Canadá e Alasca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gran Guía de la naturaleza: Mamíferos. Helga Hofmann, Editorial Everest .

Categoría:Mustélidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Mamíferos do Ártico Categoría:Mamíferos de Asia Categoría:Mamíferos do Canadá Categoría:Mamíferos de Europa Categoría:Mamíferos dos Estados Unidos de América