Mary Ann Evans, tamén escrito como Mary Anne ou Marian, e coñecida polo seu pseudónimo George Eliot, nada o 22 de novembro de 1819 e finada o 22 de decembro de 1880, foi unha novelista, xornalista e tradutora británica. Trátase dunha das figuras máis destacadas da era vitoriana. É autora de sete novelas, entre as que figuran Adam Bede (1859), The Mill on the Floss (1860), Silas Marner (1861), Middlemarch (1871–72), e Daniel Deronda (1876), moitas delas contextualizadas na Inglaterra provincial e enfocadas dende un punto de vista realista e psicolóxico. De entre esas obras destaca sobre todo Middlemarch, que foi descrita por Martin AmisLong, Camilla. Martin Amis and the sex war, en The Times o 24 de xaneiro de 2010, p. 4: "They've [women] produced the greatest writer in the English language ever, George Eliot, and arguably the third greatest, Jane Austen, and certainly the greatest novel, Middlemarch..." e Julian BarnesGuppy, Shusha. Interviews: Julian Barnes, The Art of Fiction No. 165. en The Paris Review (inverno de 2000). 26 de maio de 2012. como a máis importante novela en lingua inglesa.

Traducións ao galego Silas Marner. O tecelán de Raveloe (Silas Marner: The Weaver of Raveloe, 1861). Tradución de Celia Recarey, Irmás Cartoné, 2016.Ficha da obra no sitio web da editorial. O veo alzado (The Lifted Veil, 1859). Tradución de Alejandro Tobar, Editorial Hugin e Munin, 2019.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas * The George Eliot Fellowship

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1880 Categoría:Nados en Warwickshire