Luis Pérez-Sala Valls-Taberner, nado en Barcelona o 15 de maio de 1959, é un expiloto catalán de carreiras que competiu en Fórmula 1, Fórmula 3, Fórmula 3000 e Touring Cars. Tamén foi o director do equipo de HRT F1 Team durante a tempada de Fórmula Un.
Traxectoria Pérez-Sala disputou o Campionato italiano de Fórmula 3 de 1985 e trasladouse a Fórmula 3000 para competir de xeito bastante máis convincente, gañando carreiras en Birmingham e Enna en 1986. Foi segundo por detrás de Stefano Modena no campionato de F3000 de 1987. Fíxose famoso polas súas discusións con Alfonso de Vinuesa, causadas por opinións políticas.
O equipo Minardi de Fórmula Un contratou a Pérez-Sala para a tempada . Fixo o seu debut o 3 de abril de 1988, na carreira inaugural da tempada en Brasil, onde cualificou 20º, pero non puido terminar a carreira cando o seu alerón traseiro colapsou. Durante as seguintes cinco roldas, superou continuamente a seu compañeiro de equipo e compatriota Adrián Campos, que foi substituído por Pierluigi Martini a partir da sexta rolda do Campionato en Detroit.
Martini e Pérez-Sala foron compañeiros, en 1988 e , con Martini, cualificando e superando a Pérez-Sala. O único punto de Pérez-Sala veu dun sexto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1989. Xunto cos dous puntos que anotou Martini terminando quinto, a parella obtivo os puntos suficientes para manter a Minardi fora da precualificación para o resto da tempada. Ao final da tempada 1989, tras non cualificarse para a última carreira da tempada, o Gran Premio de Australia (mentres que Martini cualificou terceiro só por detrás dos McLaren - Honda de Ayrton Senna e Alain Prost), deixou a Fórmula Un logo de iniciar 26 dos 32 Grandes Premios nos que participou. Logo da súa retirada da Fórmula Un, Pérez-Sala converteuse nun habitual no campionato de España de turismos.
En xullo de 2011, foi recrutado como consultor do equipo Hispania de F1, que foi fundado polo seu ex compañeiro no equipo Minardi Adrián Campos. O 15 de decembro de 2011, anunciouse que se convertería no director do equipo HRT, en substitución de Colin Kolles.
Rexistro de carreiras Resultados completos na Fórmula 3000 (key) (Carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida.) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DC Puntos 1986 Pavesi Racing SIL12 VALRet PAU5 SPA4 IMO5 <span style="color:white;">MUGDSC PER1 ZEL5 BIR1 BUG5 JAR</span>7 5th 24.5 1987 Lola Motorsport SILRet VAL2 SPA18 PAURet DON1 PERRet BRH9 BIR4 IMO3 BUG1 JAR5 2º 33
Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos Lois Minardi Team Minardi M188 Cosworth DFZ V8 BRARet SMR11 MONRet MEX11 CAN13 DETRet FRANC GBRRet ALENSC HUN10 BELNSC ITARet POR8 ESP12 XPN15 AUSRet NC 0 Lois Minardi Team Minardi M188B Cosworth DFR V8 BRARet SMRRet MONRet 28º 1 Minardi M189 MEXNSC USARet CANRet FRANSC GBR6 ALENSC HUNRet BEL15 ITA8 POR12 ESPRet XPNRet AUSNSC
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com http://www.luisperezsala.com
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de España Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Minardi