Gonzalo José Ordóñez Puime, nado no Porriño o 12 de abril de 1954, é un político galego do PPdeG. miniatura|Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016. Traxectoria Fillo de Gonzalo Ordóñez Pérez, que foi alcalde do Porriño. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é avogado de profesión. En 1983 foi elixido concelleiro no Porriño encabezando a Candidatura Independente de Porriño. En 1991 foi elixido concelleiro do Partido Popular, sendo primeiro tenente de alcalde con José Manuel Barros. En febreiro de 2003 encabezou unha escisión e pasou ao grupo mixto. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura de Independientes de Porriño que obtivo cinco concelleiros e apoiou a elección como alcalde do candidato do BNG Raúl Francés Rodríguez. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a formación independente e pasou a tan só 2 concelleiros. Se ben apoiou na investidura ó candidato do PPdeG, a falta de apoio da candidatura de Ciudadanos por Porriño de Nelson Santos Argibay supuxo que o BNG conservase a alcaldía ó se-la lista máis votada.
En febreiro de 2010 apoiou unha moción de censura que supuxo o acceso á alcaldía do candidato de CxP, Nelson Santos, e a integración desta formación e da súa, IdeP, no PPdeG. Tras vota-la moción de censura renunciou como concelleiro e pasou a centrarse na súa profesión como avogado. En febreiro de 2014 foi nomeado Director Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia. En setembro dese mesmo ano abandonou dito posto para ser deputado no Congreso en substitución de Irene Garrido. Nas eleccións xerais de 2015 e de 2016 ocupou o sexto posto na lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Porriño Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Entrevista en A Nova Peneira
Categoría:Concelleiros do Porriño Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1954 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra