En bioloxía molecular unha proteína Ter, tamén chamada proteína de unión ao sitio de terminación da replicación do ADN, é unha proteína que ten un dominio (Ter) que se une ao sitio de terminación da replicación do ADN. As proteínas Ter atópanse nalgunhas especies de bacterias. Son necesarias para a terminación da replicación do ADN e funcionan uníndose a secuencias de terminadoras da replicación, o que impide o paso da forquita de replicación. A eficiencia da terminación está afectada pola afinidade de cada proteína pola secuencia terminadora.
Función A secuencia término (ter) da replicación do ADN ten o papel de impedir o progreso da forquita de replicación, que estas proteínas bloquean. Hai dous xenes que controlan a actividade de unión a ter, chamadas tau e tus.
Dominios proteicos As proteínas Ter conteñen dous dominios. O dominio N-terminal está composto por hélices alfa, un sándwich beta, e tres bucles. O dominio C-terminal está constituído por dúas hélices alfa e unha folla beta.
Notas
Categoría:Familias de proteínas