Saheed Adebayo Akinfenwa, nado en Islington o 10 de maio de 1982, é un xogador de fútbol inglés de orixe nixeriana, máis coñecido simplemente como Adebayo Akinfenwa e alcumado "The Beast". O seu club dende 2016 é o Wycombe Wanderers, no cal xoga de dianteiro. É coñecido pola súa forza física e gran peso.
O seu primeiro club profesional foi Doncaster Rovers, pasando un tempo nas ligas inferiores inglesas e nas de Lituania e Gales. Despois dun curto pero exitoso tempo en Doncaster, Akinfenwa cambiou ó seu sétimo club, Torquay United. Demostrou ser unha ameaza como dianteiro, mais a temporada seguinte uniuse ó Swansea City. Pasou dúas tempadas no club galés, pero pasouse á League One co Millwall, e despois cambiou polo Northampton Town, onde o seu talento anotador foi recoñecido por clubs como Leyton Orient e Grimsby Town.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Adebayo Akinfenwa Datos do xogador en soccerbase.com
Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Watford FC Categoría:Xogadores do Boston United FC Categoría:Xogadores do Doncaster Rovers FC Categoría:Xogadores do Swansea City AFC Categoría:Xogadores do Northampton Town FC Categoría:Xogadores do Torquay United FC Categoría:Xogadores do Wycombe Wanderers FC Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Islington