Antonio Tizón Barral, nado en Aranga o 2 de xullo de 1960, é un escritor galego.
Traxectoria miniatura|Con Manuel Bragado na presentación de "Un home estraño". Pontevedra, Libraría Paz, 12/12/2018 Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, traballou como xornalista e profesor de diversas materias en Escolas de Arte e Superiores de Deseño. En 2015 publicou A antesala luminosa concibida como a primeira entrega dunha pentaloxía de xénero negro que ten ó policía Xosé Sánchez Pereiro de protagonista principal. En 2017 gañou o Concurso Internacional de Novela Curta Cidade de Ribeira coa obra Un home estraño,Antonio Tizón, ganador en Ribeira segunda novela da pentaloxía.
Obra en galego Narrativa A antesala luminosa (2015). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-800-7. Un home estraño (2018). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-336-9. Os incurábeis (2020). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9121-701-5. ePub: ISBN 978-84-9121-710-7. Lobos doentes (2023). Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-1110-239-1. ePub: ISBN 978-84-1110-249-0.
Obra en castelán Narrativa In medias res (relatos) (1996). Opera Prima. ISBN 9788489460287.
Poesía Ritmos de juventud (1996). A-Z Ediciones. ISBN 978-8486575571.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Edicións Xerais.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Aranga Categoría:Nados en 1960