Geraldine Sue Page, nada en Kirksville, Missouri o 22 de novembro de 1924 e finada en Nova York o 13 de xuño de 1987, foi unha actriz de teatro e cinema estadounidense.
Traxectoria Estudou arte dramática en Chicago e Nova York, tendo como un dos seus mestres a Lee Strasberg.
Comezou no teatro aos dezasete anos, conseguindo éxitos en obras coma Summer and Smoke ou Sweet Bird of Youth, protagonizada esta con Paul Newman.
A súa carreira cinematográfica, que comezou a finais dos anos corenta foi relativamente breve, a pesar do cal logrou oito candidaturas ao oscar. Con The Trip to Bountiful gañou o oscar á mellor actriz.
Finou en 1987, durante unha xira en Broadway.
Filmografía Ano Filme 1953 Hondo1961 Summer and Smoke 1962 Sweet Bird of Youth 1963 Toys in the Attic 1964 Dear Heart 1966 The Three Sisters 1966 You Are a Big Boy Now 1967 Monday’s Child 1967 The Happiest Millionaire 1969 What Ever Happened to Aunt Alice? 1969 Trilogy 1971 As defraudadas 1972 J.W. Coop 1972 Pete 'n' Tillie 1973 Happy as the Grass Was Green 1975 The Day of the Locust 1977 Nasty Habits 1977 Something for Joey 1978 Interiors 1981 Harry’s War 1981 Honky Tonk Freeway 1982 I'm Dancing as Fast as I Can 1982 The Blue and the Gray 1984 The Pope of Greenwich Village 1985 A prometida 1985 Walls of Glass 1985 White Nights 1985 The Trip to Bountiful 1986 Native Son 1987 Riders to the Sea 1987 My Little Girl
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Missouri Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Missouri Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Óscar á mellor actriz Categoría:Lista negra de Hollywood