Os boletos ou andoasFonte: VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela/ Deputación de Lugo son cogomelos do xénero Boletus , que inclúe máis de 100 especies. Este xénero foi definido e descrito orixinalmente por Elias Magnus Fries en 1821, agrupando a todos os fungos que presentan himenio con poros. Posteriormente foron definíndose outros xéneros cuxas especies incluían esta característica, como Tylopilus, descrito por Petter Adolf Karsten en 1881. Así mesmo, readoptáronse ou redefiníronse xéneros xa en desuso, coma Leccinum. Moitas veces o termo boleto emprégase para dar nome a todos os cogomelos comestíbeis da división Basidiomycota e Ascomycota. Mentres os cogomelos velenosos son coñecidos coma pans de becha ou cacaforras.

Algunhas das especies que outrora se clasificaban neste taxon foron posteriormente situadas noutros xéneros, como ocorre coas especies Leccinum scabrum, Tylopilus felleus, Chalciporus piperatus ou Suillus luteus (Andoa anelada).

Etimoloxía O nome do xénero deriva do latín bōlētus, "cogomelo", e do grego antigo βωλιτης, que provén á súa vez de bōlos/βωλος, "vulto" "morea" ou "fato". Galeno de Pérgamo (130-200) mencionaba nos seus escritos aos βωλιτης, aínda que se pensa que facía referencia á apreciada raíña (Amanita caesarea), que non está ligada co xénero Boletus.

O nome galego andoa é de orixe escura, mais pode vir do éuscaro onddo (boleto).

Comestibilidade thumbnail|220px|left|Boletus edulis Moitas especies do xénero Boletus son comestíbeis e apreciados en gastronomía, sendo a máis coñecida Boletus edulis. Tamén son apañados para o consumo os cogomelos de andoa escura (B. badius), B. aereus e outras especies. Outras, coma B. calopus, teñen sabor amargo ou desagradábel e non se consideran fungos comestíbeis.

Algunhas guías de fungos recomendan evitar todos os Boletus que presentan poros avermellados, porén, B. erythropus e B. luridus son comestíbeis logo de seren convenientemente cociñados.

A inxesta de cogomelos velenosos a miúdo produce síntomas gastrointestinais. No xénero Boletus illouse unha glicoproteína citotóxica chamada bolesatina. En 2007, atopouse un compoñente semellante —chamado, en inglés, bolevenine—, na especie velenosa Boletus venenatus, da China. Téñense documentado mortes por inxesta de Boletus pulcherrimus. En 1994, unha parella desenvolveu síntomas gastrointestinais despois de comer cogomelos desta especie, faleciendo o home. A autopsia revelou infarto intestinal. O boleto de Satanás (Boletus satanas) tamén ten má fama coma fungo velenoso, aínda que non se coñecen casos de morte por mor do seu consumo. Illouse tamén muscarina nalgunhas especies, aínda que a súa cantidade é farmacoloxicamente insignificante e só causa síntomas menores.

Especies Algunhas especies en Galiza Boletus aerus, andoa mouraDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Boletus badius, andoa escura. Boletus bovinus, andoa miúdaVV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo. Boletus edulis, madeirudo, boleto bo. Boletus floccopus, andoa peluda (tamén coma Strombilomyces floccopus) Boletus luteus, andoa anelada, andoa amarela. Boletus pinicola, andoa dos piñeiros. Boletus satanas, boleto de Satanás tóxica.

Listaxe máis completa e comestibilidade A listaxe a seguir recolle algunhas das especies de andoas (Boletus), cunha guía tentativa de toxicidade e apetibilidade.

20px Moi recomendado 20px Recomendado 20px Desagradábel, incomíbel 20px Descoñecido, abterse 20px Psicoactivo, perigoso 20px Tóxico' 20px Boletus abieticola 20px Boletus aereus - Andoa moura, andoa común 20px Boletus affinus 20px Boletus albidus (véxase B. radicans) 20px Boletus amygdalinus 20px Boletus appendiculatus 20px Boletus auriflammeus 20px Boletus auriporus 20px Boletus badius - andoa escura 20px Boletus barrowsii 20px Boletus betula 20px Boletus bicolor - Andoa de dúas cores (América do Norte) 20px Boletus caespitosus 20px Boletus calopus 20px Boletus campestris 20px Boletus chromapes - hoxe en día coñecido coma Tylopilus chromapes 20px Boletus chrysenteron 20px Boletus citrinoporus 20px Boletus coccyginus 20px Boletus coniferarum 20px Boletus curtisii 20px Boletus dryophilus 20px Boletus edulis - Madeirudo, boleto bo 20px Boletus erythropus resulta comestíbel despois de cociñalo, mais se semella moito a outras especies velenosas, polo que a súa colla non é recomendábel para persoas con pouca experiencia no tema 20px Boletus fagicola 20px Boletus fechtneri - Boleto pálido 20px Boletus fragrans 20px Boletus griseus 20px Boletus impolitus 20px Boletus legaliae 20px Boletus luridus 20px Boletus manicus 20px Boletus parasiticus 20px Boletus pinophilus (ou Boletus pinicola) - andoa dos piñeiros 20px Boletus pulcherrimus (prev B. eastwoodiae) 20px Boletus purpureus 20px Boletus queletii 20px Boletus radicans 20px Boletus regius 20px Boletus reticulatus (prev B. aestivalis) - 20px Boletus rhodopurpureus 20px Boletus rhodoxanthus 20px Boletus satanas - Boleto de Satanás 20px Boletus satanoides (véxase B. legaliae) 20px Boletus sensibilis 20px Boletus splendidus (véxase B. legaliae) 20px Boletus subtomentosus 20px Boletus subvelutipes 20px Boletus venenatus (Xapón) 20px Boletus zelleri''

Notas