O Gran Premio de Suecia de 1974 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de xuño de 1974 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .
A carreira foi totalmente dominada polos dous Tyrrell - Cosworth 007 de Jody Scheckter e Patrick Depailler. Depailler logrou a pole position, pero Scheckter gañoulle por 0.380 segundos na carreira, para sumar a súa primeira vitoria. Esta carreira marcou a primeira vitoria dun piloto surafricano nunha carreira do Campionato do Mundo.
Resumo da carreira
Logo de Mónaco, apareceron algunhas caras novas. Brian Redman retirouse da Fórmula Un, para ser substituído por Bertil Roos, mentres que Reine Wisell fíxose cargo do March de Hans-Joachim Stuck e Leo Kinnunen fixo o seu debut.
Os dous Tyrrells de Depailler e Scheckter monopolizaron a primeira fila e dominaron a carreira. Ronnie Peterson retirouse na volta 8 cun fallo na transmisión, que pronto sería seguido de Clay Regazzoni con problemas co cambio. Niki Lauda e James Hunt tiveron un duelo magnífico durante 20 voltas antes de que Hunt o superara na volta 66 e comezara a recortar a vantaxe dos Tyrrells 2 segundos por volta. Ao final, Scheckter logrou a súa primeira vitoria nunha carreira por 0.38 seg. e Hesketh logrou un excelente podio, os seus primeiros puntos na Fórmula Un. Graham Hill gañou o seu primeiro punto no campionato desde .
Vern Schuppan (Ensing-Ford), primeiro reserva, comezou ilegalmente desde o 26º posto da grella e terminou a carreira antes de ser descualificado.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 80 1:58:31.391 2 9 2 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 80 + 0.380 1 6 3 24 James Hunt Hesketh-Ford 80 + 3.325 6 4 4 5 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 80 + 53.507 9 3 5 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 80 + 1:16.403 8 2 6 26 Graham Hill Lola-Ford 79 + 1 volta 15 1 7 27 Guy Edwards Lola-Ford 79 + 1 volta 18 8 21 Tom Belsø Iso Marlboro-Ford 79 + 1 volta 21 9 8 Rikky von Opel Brabham-Ford 79 + 1 volta 20 10 10 Vittorio Brambilla March-Ford 78 Motor 17 11 28 John Watson Brabham-Ford 77 + 3 voltas 14 DSC 22 Vern Schuppan Ensign-Ford 77 Descualificado 26 Ret 12 Niki Lauda Ferrari 70 Caixa de cambios 3 Ret 9 Reine Wisell March-Ford 59 Suspensión 16 Ret 6 Denny Hulme McLaren-Ford 56 Suspensión 12 Ret 19 Jochen Mass Surtees-Ford 53 Suspensión 22 Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 30 Fuga aceite 10 Ret 2 Jacky Ickx Lotus-Ford 27 Motor 7 Ret 11 Clay Regazzoni Ferrari 24 Caixa de cambios 4 Ret 18 Carlos Pace Surtees-Ford 15 Dirección 24 Ret 1 Ronnie Peterson Lotus-Ford 8 Palier 5 Ret 23 Leo Kinnunen Surtees-Ford 8 Motor 25 Ret 33 Mike Hailwood McLaren-Ford 5 Fuga combustible 11 Ret 14 Jean-Pierre Beltoise BRM 3 Motor 13 Ret 16 Bertil Roos Shadow-Ford 2 Caixa de cambios 23 Ret 15 Henri Pescarolo BRM 0 Lume 19 NTS 20 Richard Robarts Iso Marlboro-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Emerson Fittipaldi 27 2 Clay Regazzoni 22 3 Niki Lauda 21 4 Jody Scheckter 21 5 Denny Hulme 11
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford 40 2 Ferrari 30 3 Tyrrell-Ford 25 4 Lotus-Ford 13 5 Brabham-Ford 10
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ligazóns externas ''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1974 Categoría:Gran Premio de Suecia de Fórmula 1