miniatura|Dan Ar Braz, 20 anos de L'Héritage des Celtes, en Quimper en 2013
Daniel Le Bras, nado en Quimper, Bretaña, o 15 de xaneiro de 1949, máis coñecido polo alcume de Dan Ar Braz, é un músico e guitarrista bretón, fundador de L'Héritage des Celtes. O seu estilo está dentro da música denominada xenericamente celta, mesturando sons tradicionais bretóns con elementos do New Age.
Traxectoria Principiou a súa carreira musical na década dos 60, alternando os traballos en solitario cos realizados en formacións coma Mor e colaboracións con Alan Stivell. En 1992 funda L'Héritage des Celtes, debutando no Festival de Cornouaille de Quimper, chegando a representar a Francia no Festival de Eurovisión de 1996, cun tema cantado en bretón, caso único na historia do festival. En 1998 gañaron o premio ao Mellor álbum tradicional do Ano nos premios Victoires de la musique por Finisterres. No ano 2000 anunciaron a disolución do grupo no marco do Festival Intercéltico de Lorient. Dende 2001 volveu encetar unha carreira en solitario.
Discografía Con Mor Stations (1974) Con Alan Stivell (como guitarista) Renaissance of the Celtic Harp (1972) Olympia Concert (1972) From Celtic Roots (1973) E Langonned (1974) Live in Dublin (1975) Treman Inis (1976) Before Landing (1977) Again (1993) Como Dan Ar Braz Douar Nevez (1977) Allez dire à la ville (1978) The Earth's Lament (1979) Acoustic (1981) Music For the Silences To Come (1985) Septembre Bleu (1988) Songs (1990) Frontiers de sel/Borders of Salt (1991) Rêve de Siam (OST) - (1992) Xavier Grall chanté par Dan Ar Bras (1992) Theme for the Green Lands (1994) Kindred Spirit - (1995) La Memoire Des Volets Blancs (2001) Celtiques (2003) A Toi Et Ceux (2004) Frontières de sel (2006) DVD&CD Les Perches du Nil (2007) Comptines celtiques et d'ailleurs (2009) Celebration (2012)
Varios Artistas Irish Reels, Jigs, Airs & Hornpipes (1979) (con Duck Baker, Dave Evans, Davey Graham) Só recompilacións Islands of memories - Les îles de la mémoire (1992) Made in Breizh (2002) Bretagnes : ici, ailleurs, là-bas (2011) Con L'Héritages des Celtes Héritage des Celtes -(1994) L'Héritages des Celtes - Live (1997) L'Héritages des Celtes - Finisterres (1997) L'Essential en 3 CD (1998) (recompilatorio) Bretagnes à Bercy (1999) (varios artistas) Zenith (2001)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial .
Categoría:Nados no departamento de Finistère Categoría:Personalidades da música da Bretaña Categoría:Nados en 1949 Categoría:Cantantes en lingua bretoa