Enrique Rodríguez Lafuente, finado en 1948, foi un político galego.

Traxectoria Foi elixido alcalde de Vilagarcía de Arousa o 11 de abril de 1923, permanecendo no posto ata a proclamación da ditadura de Primo de Rivera en setembro dese ano. Volveu ser alcalde o 29 de xaneiro de 1924, permanecendo no posto ata o final da ditadura o 3 de marzo de 1930. Foi tamén deputado provincial. No franquismo foi fiscal da Vivenda da provincia de Pontevedra (1937), gobernador civil de Segovia (1938) e Ourense (1939).

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Segovia Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en ano descoñecido