Juan Hermida Iglesias, nado en Arteixo en 1904 e finado na Coruña nos anos sesenta, foi un sindicalista galego.
Traxectoria Panadeiro e militante da CNT, foi directivo do Sindicato de Panaderos, delegado dos panadeiros da Coruña nos congresos de 1931 e 1936. En 1933 era secretario da Federación Local da Coruña e foi detido pola folga de maio xunto con outros delegados cenetistas.La Voz de Galicia, 13-5-1933, p. 4. Representou a Galicia no Pleno Nacional de Rexionais de xuño de 1934. Foi presidente do gremio de pescadores e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Arteixo e fuxiu nun pesqueiro dende A Coruña cara Asturias. Abríuselle proceso, sendo declarado en rebeldía. Tras pasar anos en Francia volveu en 1945. Foi detido en marzo de 1947, xulgado na Coruña por rebelión, e condenado a 12 anos de prisión. Tras pasar uns anos no Penal de El Dueso foi indultado a mediados dos anos cincuenta, pero foi constantemente detido sen encausamento, especialmente cando visitaba a cidade algunha autoridade relevante do Réxime.
Vida persoal
Casou con Teresa López Gómez en 1928.La Voz de Galicia, 13-4-1928, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1904