O equidna de fociño longo de Attenborough (Zaglossus attenboroughi), tamén coñecido como equidna de fociño longo de Sir Davis é unha das tres especies do xénero Zaglossus que vive en Nova Guinea. Recibe o seu nome na honra de Sir David Attenborough, o eminente naturalista. Vive nas Montañas Ciclopes en Papúa, provincia de Indonesia, preto das cidades de Sentani e Jayapura.

É o membro máis pequeno do seu xénero, sendo máis semellante en tamaño ó equidna de fociño curto que ós outros membros do seu xénero. O macho é meirande que a femia, e poden diferenciarse polas esporas das patas traseiras. O equidna non é un animal social, que só se xunta con outros da súa especie unha vez ó ano (en xullo) para emparellarse. A femia deposita os ovos despois de oito días, e as crías estarán na bolsa da nai preto de oito semanas ou ata que as súas espiñas se desenvolvan.

Ten hábitos nocturnos, e pode facerse unha bóla de espiñas cando se sente ameazado, de forma parecida a como o fan os ourizos. O equidna pesa entre 5 e 10 kg, e pode atoparse en toda Nova Guinea, sendo máis común nas zonas montañosas.

Notas

Categoría:Monotremas Categoría:Animais descritos en 1998