miniatura|dereita|250px

En xenética un illador (insulator en inglés) é un elemento que serve de froneira xenética na secuencia de ADN para bloquear a interacción entre os amplificadores (enhancers) e os promotores. Por tanto, os illadores determinan o conxunto de xenes que poden ser influídos por un determinado amplificador xenético. A necesidade de que existan illadores deriva de que dous xenes que están adxacentes nun cromosoma teñen patróns de transcrición moi distintos, e é fundamental que os mecanismos de indución e represión dun deles non interfiran cos do outro xene veciño; deste modo poden ser regulados independentemente. Xeran compartimentos do ADN cunha regulación diferente (ou como se di en xenética cunha "paisaxe reguladora" diferente). O illador que está situado entre un amplificador e un xene impide que o amplificador actúe sobre ese xene. Ademais, os illadores impiden a formación dunha zona de heterocromatina nunha parte do ADN onde está un determinado locus, o que o silenciaría. A actividade do illador crese que se realiza fundamentalmente pola estrutura tridimensional do seu ADN mediada por proteínas de unión ao ADN como a proteína CTCF.

Notas

Categoría:Xenética Categoría:Xenética molecular