Mariner 8 foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 9 de maio de 1971 mediante un foguete Atlas Centaur D desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte, fallando antes de chegar sequera á órbita terrestre por un fallo do foguete lanzador.
Características Mariner 8 pertenceu ó programa Mariner da NASA. Era idéntica á posteriormente exitosa Mariner 9 e xunto ela era parte do proxecto Mariner Mars 71. A súa misión era entrar en órbita de Marte para facer medicións e observacións científicas, pero un fallo na etapa Centaur impediulle chegar a órbita, caendo no océano Atlántico, a uns 1500 km de Cabo Cañaveral e a uns 560 km ó norte de Porto Rico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mariner 9
Mariner 08