Francisco Otero Juncal, nado cara a 1891 e finado en Pontevedra en maio de 1981, foi un sindicalista, político, carpinteiro e ebanista galego.
Traxectoria Vicepresidente da Sociedade de Ebanistas de Pontevedra. Presentouse ás eleccións municipais de 1917 e 1920, pero non foi elixido; volveu presentarse en febreiro de 1922 e foi elixido concelleiro. Dirixiu o periódico Nueva Aurora. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro corporativo de Pontevedra en abril de 1924 pero rexeitou o cargo. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Amando Guiance Pampín e Valeriano Barros.Galicia, 16-3-1924, p. 1. Pertenceu ao Centro Republicano de Pontevedra do que chegou a formar parte da directiva como vocal 2º, militou no Partido Radical Socialista e despois integrouse en Unión Republicana. Foi mestre de taller de ebanistería e carpintería da Escola de Traballo de Pontevedra (1934-1936). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do seu posto e condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en agosto de 1940 a cinco anos de inhabilitación e 100 pesetas de multa.BOE, 6-10-1940, p. 4665. Finou en Pontevedra aos 90 anos.La Voz de Galicia, 19-5-1981, p. 23.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Políticos do PRRS Categoría:Políticos de Unión Republicana Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Ebanistas Categoría:Carpinteiros