miniatura|160px|O Nacemento de Vénus, por Bouguereau Venus é a deusa do Amor e da Beleza no panteón romano, equivalente a Afrodita do panteón grego.
No mito do seu nacemento cóntase que xurdiu do interior dunha cuncha de madreperla, sendo xerada polas escumas (afros, en grego). Noutra versión é filla de Xúpiter e Dione.
Venus foi unhas das divindades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admirábel. Posuía un carro empurrado por cisnes. Venus posúe moitas formas de representación artística, desde a clásica (greco-romana) até as modernas.
Categoría:Deusas romanas Categoría:Deusas da fertilidade Categoría:Deusas da beleza Categoría:Deidades de Venus