dereita|miniatura|Francesc Cambó Francesc Cambó i Batlle, nado en Verges (provincia de Xirona) o 2 de setembro de 1876 e finado en Buenos Aires o 30 de abril de 1947, foi un político catalán, fundador e líder da Lliga Regionalista. Traxectoria Formación Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Barcelona. En 1901 foi un dos fundadores da Lliga Regionalista e foi elixido concelleiro do concello de Barcelona. Deputado nas Cortes entre 1907 e 1910, na súa actividade política defendeu a adopción dun estatuto de autonomía para resolver o problema catalán, aínda que acabou aceptando a Mancomunidade catalá como solución de compromiso.

Tras a morte de Enric Prat de la Riba en 1917, Cambó converteuse no líder da Lliga e foi ministro en dous gobernos conservadores, en 1918 ministro de fomento e en 1921 ministro de finanzas, nos dous casos con Antonio Maura como presidente do goberno.

Nas eleccións de 1931 non conseguiu acceder ao Parlamento e marchou ao estranxeiro ata que en 1933 logrou unha acta de deputado, que non revalidou en 1936. Cando estoupou a Guerra civil española atopábase no estranxeiro e aínda que inicialmente non estaba a favor dos militares sublevados, rematou axudándoos por temor a que se establecese unha república prosoviética de gañaren os republicanos, e chegou a financiar con importantes sumas ao bando franquista.

Posguerra Tras a guerra viviu en Suíza, os Estados Unidos e a Arxentina. Cambó fixo de mecenas de numerosas actividades artísticas e culturais. Destaca a creación en 1922 da Fundación Bernat Metge, que traduciu ao catalán numerosos textos clásicos gregos e latinos. Tamén escribiu algúns libros como Les Dictadures (1929) e Per la concòrdia en 1930.

Categoría:Políticos da Lliga Categoría:Nados en Verges Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados nas Cortes da II República