Co nome de peixes anxo coñécense as especies dos peixes cartilaxinosos elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos escuatiniformes (Squatiniformes), que foi establecida en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.

A orde consta só dunha familia, a dos escuatínidos (Squatinidae), que ten un só xénero, Squatina, con 23 especies descritas.Squatina en Animal Diversity Web.

Características Os escuatiniformes teñen o corpo aplanado, case tanto como o das raias, con amplas ás pectorais en forma de trapecio ou de triángulo, que non están soldadas á cabeza. As aletas dorsais son pequenas, e non teñen aleta anal. O lóbulo inferior da aleta caudal é máis longo que o superior.Squatinidae en FishBase Squatina , en Zipcode Squatinidae en Marine Species Identification Portal.

Presentan cinco fendeduras branquiais a cada lado, que son ventrolaterais. A boca, pequena, é terminal, e está armada de pequenos dentes. Todas as especies son vivíparas. A especie máis grande, Squatina japonica, pode alcanzar até 2 m de lonxitude.

Bioloxía 230px|right|thumb|Squatina californica 230px|right|thumb|Squatina australis 230px|right|thumb|Squatina squatina no Aquarium Finisterrae da Coruña. Son ovovivíparos, e poden producir camadas de até 13 crías.Dulvy, N. K. e J. D. Reynolds (1997): "Evolutionary transitions among egg-laying, live-bearing and maternal inputs in sharks and rays". Proc. R. Soc. Lond., Ser. B: Biol. Sci. 264: 1309-1315.

Os peixes anxo aliméntanse dunha ampla variedade de pequenos peixes óseos, crustáceos, cefalópodos, gasterópodos e bivalvos, mediante as súas mandíbulas protráctiles.Compagno, L. J. V. e V. H. Niem (1998): "Squatinidae. Angelsharks, sand devils". pp. 1235-1238, en K. E. Carpenter e V. H. Niem (eds.). FAO Identification Guide for Fishery Purposes. The Living Marine Resources of the Western Central Pacific. Roma: FAO.Springer, V. e J. P. Gold, (1989): Sharks in question: the Smithsonian answer book Smithsonian Institution. Washington: Smithsonian Institution Press.

Son peixes mariños que habitan en augas pouco profundas (porén, hai unha especie que vive até os 1 300 m de profundidade) en fondos de area e grava, aínda que son nadadores activos.Squatinidae, en FishBase Stevens, J. & Last, P. R. (1998): Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., en (eds.) Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 64-65. ISBN 0-12-547665-5.

Sistemática Orde Squatiniformes de Buen, 1926 Familia Squatinidae Bonaparte, 1838 Xénero Squatina Duméril, 1806 Squatina aculeata Cuvier, 1829 Squatina africana Regan, 1908 Squatina albipunctata Last & W. T. White, 2008 Squatina argentina (Marini, 1930) Squatina armata (Philippi {Krumweide}, 1887) Squatina australis Regan, 1906 Squatina caillieti J. H. Walsh, Ebert & Compagno, 2011 Squatina californica Ayres, 1859 Squatina dumeril Lesueur, 1818 Squatina formosa S. C. Shen & W. H. Ting, 1972 Squatina guggenheim Marini, 1936 Squatina heteroptera Castro-Aguirre, Espinoza-Pérez & Huidobro-Campos, 2007 Squatina japonica Bleeker, 1858 Squatina legnota Last & W. T. White, 2008 Squatina mexicana Castro-Aguirre, Espinoza-Pérez & Huidobro-Campos, 2007 Squatina nebulosa Regan, 1906 Squatina occulta Vooren & K. G. da Silva, 1992 Squatina oculata Bonaparte, 1840 Squatina pseudocellata Last & W. T. White, 2008 Squatina punctata Marini, 1936 Squatina squatina (Linnaeus, 1758), clasificada inicialmente como Squalus squatina Linnaeus, 1758 Squatina tergocellata McCulloch, 1914 Squatina tergocellatoides J. S. T. F. Chen, 1963

En Galicia En augas do litoral galego só está citada unha especie, Squatina squatina,Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4, p. 47.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8, pp. 88-89.Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0, p. 14. que por iso poderiamos distiguir como peixe anxo propiamente dito, ou peixe anxo común. É pouco abundante, pescándose incidentalmente con artes de arrastre, xa que carece de interese comercial.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Condrictios Tiburóns Peixe anxo

Ligazóns externas Encyclopedia of Life Animal Diversity Web GBIF NCBI ARKive ITIS www.oceanfootage.com Barcodes of Life

Categoría:Selaquimorfos