Víctor Claver Arocas, nado en Valencia o 30 de agosto de 1988, é un xogador español de baloncesto profesional que xoga no Valencia Basket da Liga ACB.

Traxectoria Europa Claver comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Maristas e do Valencia BC. Fixo o seu debut coma profesional no Valencia na tempada 2006-07. Gañou a Eurocup na tempada 2009-10. Ó ano seguinte fixo o seu debut na Euroliga, acadando 10.9 puntos, 4.9 rebotes en 14 partidos.

NBA Claver foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. O 12 de xullo de 2012, asinou un contrato por tres anos cos Trail Blazers.

O 19 de febreiro de 2015, Claver foi traspasado xunto a Will Barton, Thomas Robinson e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland Tres días máis tarde, foi cortado polos Nuggets sen chegar a debutar.

Regreso a Europa O 1 de marzo de 2015, Claver fichou polo BC Khimki ruso para o resto da tempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España‎ Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016