Laurentino Espinosa Valladares, nado en Vilancosta (parroquia de Berres, A Estrada) en 1861 e finado en 1936, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Bernardo Espinosa Salgado e Luisa Valladares Núñez, era sobriño e foi o herdeiro de Marcial Valladares Núñez. Foi alcalde da Estrada entre o 1 de xullo de 1895 e o 1 de xaneiro de 1902. Colaborou en El Estradense e Diario de Galicia. Nomeado xuíz de Moaña en 1915, foi presidente da Unión Patriótica de Moaña. Colaborou en La Palanca.

Vida persoal Casou en 1883 con Concepción Cervela Malvar, que finou xa viúva en xullo de 1937,Hoja Oficial del Lunes, 5-7-1937, p. 3.) e tivo como fillos a José, Avelino, Andrés, Germán, María, que casou con Manuel Ferreirós Oca, e Albina e Mercedes Espinosa Cervela, que foron sucesivamente a primeira e segunda esposa de Antón Losada Diéguez.A familia Arias Teixeiro

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Alcaldes estradenses Xenealoxía Marcial Valladares

Categoría:Avogados da Estrada Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos