dereita|miniatura|Papeletas de voto polo si á independencia (esquerda) e polo non (dereita). miniatura|dereita|Votación nun colexio electoral. O referendo sobre a independencia do Sudán do Sur celebrouse do 9 ao 15 de xaneiro de 2011 para decidir se a rexión debería seguir formando parte do Sudán ou converter ao Sudán do Sur nun novo estado independente.Road to 2011 referendum is full of obstacles – South Sudan's Kiir Sudan Tribune, 12 de xullo de 2007. O referendo foi unha das consecuencias do Acordo de Naivasha entre o goberno central de Khartún e o Movemento Popular de Liberación do Sudán en 2005A independencia do Sudán do Sur: outra evidencia de “dobre moral” internacional? IGADI Paper 55 (2011). Estaba previsto celebrar asemade un referendo en Abyei para decidir se quería ser parte do Sudán do Sur pero pospúxose debido a conflitos sobre a demarcación e dereitos de residencia.
A comisión do referendo publicou o 7 de febreiro de 2011 os resultados definitivos, co 98,83 % dos sufraxios favorables á independencia. En 10 dos 79 condados suspendéronse as eleccións por pasar do 100 % a porcentaxe de votantes, así e todo o número de votos superou o requirimento do 60 % de participación para dar por válidas as eleccións. O 9 de xullo o país proclamou a súa independencia.Sudan referendum: what's being voted on and what will happen? The Telegraph. 8 de xaneiro de 2011
Notas
Sudán do Sur Categoría:Historia do Sudán do Sur Categoría:Sudán Categoría:2011