Treasure Planet é un filme de animación de Disney dirixido por Ron Clements e John Musker que se estreou no 2002.
Sinopse Jim, coñecido por ser un gran surfista solar, enfróntase a unha cacería intergaláctica de tesouros. Nas súas mans cae un lendario mapa que o levará a buscar a fortuna máis grande do Universo. A bordo dun espectacular "galeón solar", Jim convértese no axudante do cociñeiro do barco, John Silver- metade home, metade máquina- que lle ensina a forma de ser un bo explorador do espazo. Loitando polas súas vidas, Jim e Morfi coñecen a un simpático robot, chamado B.E.N. (Bio Electro Navegador). Xuntos, baixo o mando da intelixente Capitán Amelia, descubrirán un impresionante tesouro moito máis grande do que nunca ninguén imaxinou.
Personaxes Joseph Gordon-Levitt como Jim Hawkins Emma Thompson como Capitán Amelia Martin Short como Ben o robot Brian Murray como John Silver David Hyde Pierce como Doutor Doppler Roscoe Lee Browne como Mr. Arrow Michael Wincott como Skroopf Patrick McGoohan como Billy Bones Laurie Metcalf como Sarah Hawkins Dane A. Davis como Morph Austin Majors como Jim de neno Tony Jay como Narrador
Galardóns e nomeamentos 2002: Nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Musker Categoría:Filmes dirixidos por Ron Clements Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures