miniatura|240px|Exemplos das familias de feliformes existentes: eupláridos, félidos, hiénidos, herpéstidos, nandiníidos e vivérridos. A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto "felino", incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.
On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".
Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.
A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.
As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.Feliformia no SIIT. Consultado o 17 de decembro de 2014.
Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.Eizirik, E.; W. J. Murphy; K. P. Koepfli; W. E. Johnson; J. W. Dragoo; R. K. Wayne & S. J. O’Brien (2010): "Pattern and timing of the diversification of the mammalian order Carnivora inferred from multiple nuclear gene sequences". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 49-63.
As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.
As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores,Datos do rexistro fósil (con referencias taxonómicas) das especies viventes e extintas Suborder Feliformia Kretzoi 1945 en The Paleaobiology Database. Consultado o 17 de decembro de 2014.Apoio ás referencias taxonómicas das especies existentes e extintas. Systema Naturae 2000 - Suborder Feliformia . Consultado o 17 de decembro de 2014. Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia. Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde dos Feliformia, Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).Wesley-Hunt, Gina D. and John J. Flynn (2005): "Phylogeny of the Cernivora: Basal Relatonoships among the Carnovoranorphans, and Assessment of the Position of ‘Miacoidea’ Relative to Carnivora". Journal of Systematic Palaeontology 3 (1): 1-28. Resuma.
Árbore filoxenética dos feliformes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0. Kemp, Thomas S, (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5. Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2. Wilson, Don E. & Russell A. Mittermeier (eds.) (2009): Handbook of the Mammals of the World. Volume 1: "Carnivores." Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-49-1. Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Carnívoros Caniformes
Ligazóns externas Feliformia en ADW. Feliformia no SIIT. Feliformia en Mammal Species of the World. Feliformia no NCBI.