Door, Door é o álbum de estrea da banda australiana de post-punk The Birthday Party, editado no ano 1979 baixo o nome "The Boys Next Door". O disco foi gravado antes de que a banda deixase Australia para ir a Londres en 1980, momento no cal cambiou de nome para o de The Birthday Party, e onde creou a meirande parte do traballo polo que foi coñecida. O álbum ten un estilo diferente aos seus seguintes traballos, sendo menos escuro e lixeiramente máis pop.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por The Boys Next Door. "The Nightwatchman" – 2:07 "Brave Exhibitions" – 2:27 "Friends of my World" – 2:46 "The Voice" – 2:55 "Roman Roman" – 1:35 "Somebody's Watching" – 2:39 "After a Fashion" – 4:36 "Dive Position" – 2:47 "I Mistake Myself" – 4:31 "Shivers" – 4:34

Categoría:Álbums de The Birthday Party Categoría:Álbums musicais de 1979 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Mushroom Records