Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs.

En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.

En xuño de 2011, editou a canción "Video Games" no Internet, acompañada por un vídeo musical feito por ela mesma, que se fixo moi popular nos meses seguintes. A canción foi editada máis tarde coma sinxelo no mes de outubro, liderando o álbum de estrea nunha gran compañía del Del Rey, Born to Die, editado o 31 de xaneiro de 2012 a través de Interscope Records. Born to Die debutou no número un en sete países, incluíndo o Reino Unido e Australia. O álbum deu dous sinxelos que chegaron ó top 10 en todo o mundo: "Video Games" e "Born to Die".

A música de Del Rey ten referencias a varios aspectos da cultura de pop, en particular dos anos 50 e 60. Entre as súas influencias musicais, Del Rey cita a Britney Spears, Eminem, Nirvana, Elvis Presley e Antony and the Johnsons entre outros.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Lana Del Rey 2010 5 Points Born To Die 2012 Stranger, Interscope, Polydor Ultraviolence 2014 Interscope, Polydor Honeymoon 2015 Interscope, Polydor Lust for Life 2017 Interscope, Polydor Norman Fucking Rockwell! 2019 Interscope, Polydor Violet Bent Backwards Over the Grass 2020 Interscope, Polydor Chemtrails over the Country Club 2021 Interscope, Polydor Blue Banisters 2021 Interscope, PolydorDid You Know That There's a Tunnel Under Ocean Blvd2023Interscope, PolydorStove2026Interscope, Polydor

EP Kill Kill - 2008 (descarga dixital) Video Games EP - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital) Video Games/Blue Jeans Remix EP - 2011 (Vinilo)Video Games: The Remix EP - 2012 (CD, descarga dixital)Born to Die: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)Lana Del Rey - 2012 (descarga dixital)Blue Jeans: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)

Sinxelos Video Games - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)Born To Die - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)Blue Jeans - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)Carmen'' - 2012

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Personalidades do pop Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa