The Naked Jungle é un filme estadounidense dirixido por Byron Haskin que se estreou en 1954. Baséase nunha historia do autor Carl Stephenson.
Sinopse Na xungla suramericana, o propietario dunha gran plantación (Charlton Heston) decide casar por correspondencia para ter un fillo que herde a súa facenda. Á súa esposa (Eleanor Parker) non lle será doado adaptarse á brusquidade do marido e ós costumes dos nativos. Mentres, unha terríbel praga de formigas asasinas ameaza con acabar coa rexión.
Personaxes Eleanor Parker como Joanna Leiningen Charlton Heston como Christophe Leiningen Abraham Sofaer como Incacha William Conrad como Commisario Clayton Romo Vincent como Capitán do barco Douglas Fowley como Doutor John Dierkes como Gruber Leonard Strong como Kutina Norma Calderón como Zala
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1954 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de terror con animais Categoría:Filmes sobre insectos Categoría:Filmes ambientados no Brasil Categoría:Filmes ambientados en 1901