Celia Parra Díaz, nada en Ourense en abril de 1990, é unha escritora galega.

Traxectoria Rematou o Grao Medio de piano polo Conservatorio Profesional de Música da súa cidade natal. Licenciada en Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela, e Mestrado en Produción e Xestión Audiovisual pola Universidade da Coruña.

Ten publicado poemas en revistas como sèrieAlfa, Dorna, Luzes, Palavra Comum, Shearsman Magazine, The Stinging Fly, HeadStuff, Oculta Lit e O Salto Galiza. Foi impulsora, creadora da idea orixinal e produtora executiva de Versogramas (Belén Montero e Juan Lesta, 2018), documental arredor do panorama internacional da videopoesía. Versogramas foi publicado tamén en formato libroDVD pola Editorial Galaxia. Exerceu como asistente de produción executiva en Setembro Cine e como coordinadora da Asociación Sindical Galega de Guionistas.

Obras Poesía No berce das mareas (2009). Fervenza. 72 páxs. ISBN 84-96368-94-1. RE(C)verso (2012) CD de audiopoemas. Pantallas (2018). Galaxia. 100 páxs. ISBN 978-84-9151-194-6.

Obras colectivas XVII Concurso de Relatos Cortos Repsol YPF, 2004, Biblioteca Virtual Cervantes. Deitados en leitos de follas novas, nos XXXV Premios Literarios Minerva, 2007. ISBN 978-84-611-9978-5. Cun lirio branco no peito, nos XXXVI Premios Literarios Minerva, 2008. ISBN 978-84-612-8039-1 Letra en Obras, 2011, Letra en Obras. Poesía. Premios Xuventude Crea 2010, 2011, Xunta de Galicia. Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. No seu despregar, 2016, Apiario.

Premios Gañadora do Concurso de Relatos Curtos Repsol YPF. Terceiros premios do Minerva (2007, 2008). Gañadora do premio Ánxel Casal de poesía en 2008. Gañadora do II Premio María Mariño de Teenses pola Igualdade no 2009, por De novo a náusea. Gañadora do XIII Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada 2009, por No berce das mareas. 3º premio compartido dos Premios Xuventude Crea 2010 de poesía, por Código morse.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da autora Blog da autora Adondar a lingua, poema en versión de A banda da loba

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña