O neno co pixama de raias (en ) é un filme británico-estadounidense dirixido por Mark Herman que se estreou no 2008. Baséase no libro O neno do pixama a raias do escritor irlandés John Boyne.
Estreouse en galego o 25 de xaneiro de 2022 a través da TVG. O guión foi traducido por Andrea Ucha Bouzada e o director de dobraxe foi Antón Rubal.
Sinopse Berlín, 1942. Bruno (Asa Butterfield) ten oito anos e descoñece o significado da Solución Final e do Holocausto. Non é consciente das pavorosas crueldades que o seu país, en plena guerra mundial, está inflixindo ós pobos de Europa. Todo o que sabe é que o seu pai -nomeado comandante dun campo de concentración- foi ascendido, e que pasou de vivir nunha confortable casa de Berlín a unha zona illada. Todo cambia cando coñece a Shmuel, un neno xudeu que vive unha estraña existencia paralela ó outro lado da aramada.
Personaxes Asa Butterfield como Bruno Voz da dobraxe galega de Carolina Vázquez. Jack Scanlon como Shmuel Voz da dobraxe galega de Teresa Santamaría. Vera Farmiga como Elsa (Nai) Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo. David Thewlis como Ralf (Pai) Voz da dobraxe galega de Matías Brea. David Hayman como Pavel Rupert Friend como Tenente Kotler Voz da dobraxe galega de Nacho Castaño. Jim Norton como Herr Liszt Amber Beattie como Gretel Voz da dobraxe galega de Montse Davila. Sheila Hancock como Avoa Richard Johnson como Avó Cara Horgan como Maria
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mark Herman Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Budapest Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en 1942 Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego