Alfonso Emilio Balseiro Gómez, nado o 8 de marzo de 1946 en Mañón e finado o 6 de febreiro de 2021, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Traballador autónomo. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 en Mañón dentro das listas da Coalición Popular, sendo elixido concelleiro. Trala morte de Manuel Cora Rodríguez en xaneiro de 1987 é elixido alcalde, ocupando o posto ata as eleccións municipais de 1987. Neses comicios concorre xunta outros anteriores integrantes de AP como número dous dunha lista independente encabezada polo médico Ricardo Héctor Sanz, a cal resultou ser a segunda forza máis votada por detrás do PSdeG, conseguindo a alcaldía para o seu cabeza de lista grazas aos votos dos concelleiros de AP. Porén, trala marcha do rexedor en febreiro de 1988, volveu ser elixido alcalde, tamén grazas ao apoio de dous concelleiros de AP. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e tamén foi elixido por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (2007-2011).
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldíaConcello de Mañón na FEGAMP, e ocupou este posto até o seu falecemento en febreiro de 2021.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Mañón
Categoría:Alcaldes de Mañón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Mañón Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2021