O Dáil Éireann (en galego Asemblea de Irlanda) é a cámara baixa do Oireachtas (parlamento) da República de Irlanda. Os seus poderes son similares aos de moitos outros sistemas parlamentarios bicamerais e é en boa medida a rama dominante do Oireachtas. Está situado dende 1922 na Leinster House, en Dublín. É elixido cada cinco anos por sufraxio directo, mediante un sistema de representación proporcional chamado voto único transferible (Single Transferable Vote, ou STV). Cada membro recibe o nome de Teachta Dála ou TD (deputado).
miniatura|esquerda|250px|Leinster House, sede do Dáil Éireann en Dublín.
Categoría:Política de Irlanda Categoría:Parlamentos Categoría:Cámaras baixas nacionais