Casper é un filme estadounidense dirixido por Brad Silberling que foi estrado en 1995. Protagonizado por Bill Pullman e Christina Ricci, está baseado na serie de animación Casper the Friendly Ghost e os libros de banda deseñada.
Sinopse A señora Crittenden (Cathy Moriarty) contrata ó doutor Harvey (Bill Pullman), para que exorcice a mansión de Whipstaff, na que habitan catro pantasmas. Tres deles; Látego, Tufo e Gordy non toleran ós mortais dentro da casa e teñen un sentido do humor tan negro que espantan ata ós máis atrevidos. Con eles vive o seu sobriño Casper, xove, amigable e farto dos seus tíos. Crittenden quere atopar un tesouro agochado no edificio. Algo que oculta ó doutor Harvey, que se presenta na mansión coa súa filla Kat (Christina Ricci), unha adolescente soñadora. A filla de Harvey e Casper coñécense e comezan a levarse estupendamente dende moi cedo. Ambos son adolescentes e teñen problemas para relacionarse. De Casper foxe todo o mundo porque é unha pantasma e de Kat, en canto se decatan da profesión do seu pai.
Personaxes Bill Pullman como Dr. James Harvey Christina Ricci como Kathleen "Kat" Harvey Malachi Pearson como Casper (Voz) Cathy Moriarty como Carrigan Crittenden Eric Idle como Paul "Dibs" Plutzker Ben Stein como Rugg Joe Nipote como Látego (Voz) Joe Alaskey como Tufo (Voz) Brad Garrett como Gordy (Voz) Spencer Vrooman como Andreas Amy Brenneman como Amelia Harvey Devon Sawa como Casper (Forma humana) Garette Ratliff Henson como Vic DePhillippi Jessica Wesson como Amber Whitmire Dan Aykroyd como Raymond Stantz Don Novello como Guido Sarducci John Kassir como Gardián da Cripta (Voz)
Cameos Rodney Dangerfield Fred Rogers Clint Eastwood Terry Murphy Mel Gibson
Banda sonora Música de James Horner
"No Sign of Ghosts" "Carrigan and Dibbs" "Strangers in the House" "First Haunting/The Swordfight" "March of the Exorcists" "Lighthouse—Casper & Kat" "Casper Makes Breakfast" "Fond Memories" "'Dying' to Be a Ghost" "Casper's Lullaby" "Descent to Lazarus" "One Last Wish" "Remember Me This Way" – Jordan Hill "Casper the Friendly Ghost" – Little Richard "The Uncles Swing/End Credits"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Brad Silberling Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes rodados en Maine