Yangoor é o cráter máis grande do que se ten coñecemento na lúa de Urano, Ariel. O nome procede da mitoloxía aborixe australiana, este espírito está encargado de trae-lo día. Ten preto dos 80 km de diámetro e está situado aproximadamente a uns 450 km do polo sur de Ariel. A parte noroeste do cráter foi borrada pola formación dun terreo cheo de cristas. O cráter carece de depósitos brillantes de material e foi fotografado por primeira vez pola sonda Voyager 2 en xaneiro do ano 1986.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano

Categoría:Ariel Categoría:Cráteres