Stone Sour é unha banda estadounidense de hard rock procedente de Des Moines, Iowa e fundada en 1992. O grupo está composto por Corey Taylor (voces, guitarra, piano), Josh Rand (guitarra), e Roy Mayorga (batería, percusión). O batería orixinal Joel Ekman, o baixista Shawn Economaki e o guitarrista Jim Root deixaron o grupo en 2006, 2011, e 2014 respectivamente. A banda actuou durante cinco anos despois da súa formación e separouse en 1997, despois de que Taylor e Root se unisen a Slipknot. O grupo volveu reunirse reunirse en 2002 e continúa en activo na actualidade.
Ata a data o grupo leva publicados cinco álbums de estudio, Stone Sour (2002), Come What(ever) May (2006); Audio Secrecy (2010), House of Gold & Bones – Part 1 (2012) e House of Gold & Bones – Part 2 (2013), xunto cun álbum de directos chamado Live in Moscow.
Discografía Álbum Ano Selo Stone Sour 2002 Roadrunner Records Come What(ever) May 2006 Roadrunner Records Audio Secrecy 2010 Roadrunner Records House of Gold & Bones – Part 1 2012 Roadrunner Records House of Gold & Bones – Part 2 2013 Roadrunner Records Hydrograd 2017 Roadrunner Records
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de post-grunge Categoría:Grupos musicais de Iowa Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais separados en 1997 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2002 Categoría:Artistas de Roadrunner Records