O glutatión disulfuro (GSSG) ou disulfuro de glutatión é un disulfuro derivado da unión de dúas moléculas de glutatión.PubChem compound

Nas células vivas o glutatión disulfuro redúcese a dúas moléculas de glutatión con equivlentes de redución procedentes do coencima NADPH. Esta reacción está catalizada polo encima glutatión redutase. Encimas antioxidantes como as glutatión peroxidases e peroxirredoxinas xeran glutatión disulfuro durante a redución de peróxidos como o peróxido de hidróxeno (H2O2) e hiperperóxidos orgánicos (ROOH):

2 GSH + ROOH → GSSG + ROH + H2O

Outros encimas, como as glutarredoxinas, xeran glutatión disulfuro por medio dun intercambio de tiol-disulfuros con pontes disulfuro de proteínas ou outros compostos de baixo peso molecular, como o coencima A disulfuro ou o ácido deshidroascórbico.

2 GSH + R-S-S-R → GSSG + 2 RSH

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glutatión Ciclo do glutatión-ascorbato Antioxidantes

Categoría:Bioquímica