Juno é un filme estadounidense dirixido por Jason Reitman e escrito por Diablo Cody que se estreou no 2007.

Sinopse Juno Macguff (Elliot Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. Certamente, é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coiraza para agochar os seus medos e dúbidas. Debido á relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker (Michael Cera), quédase embarazada. E como el desenténdese do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e logo darao en adopción. Agora hai que atopar uns pais adoptivos axeitados. Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner) semellan os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben dende o principio.

Personaxes Elliot Page como Juno MacGuff Michael Cera como Paulie Bleeker Jennifer Garner como Vanessa Loring Jason Bateman como Mark Loring Allison Janney como Bren MacGuff J.K. Simmons como Mac MacGuff Olivia Thirlby como Leah Rainn Wilsoncomo Rollo Lucas MacFadden como o profesor de química Candice Accola como unha técnica do laboratorio Daniel Clark como Steve Rendazo Steven Christopher Parker como persoal do laboratorio Robyn Ross como persoal do laboratorio Emily Tennant como a filla «fantástica» Valérie Tian como Su Chin Quah

Premios 2007: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos. 2007: 3 Nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor película comedia ou musical. 2007: BAFTA: Mellor guión orixinal. 2 nomeamentos. 2007: 2 Premios National Board of Review: Mellor actriz secundaria (Elliot Page), guión orixinal. 2007: Festival de Toronto: Mellor actriz secundaria (Elliot Page).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha en IMDb Web Oficial

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jason Reitman Categoría:Filmes producidos por Mason Novick Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal