Head Automatica é unha banda de electropunk estadounidense procedente de Nova York, formada polo líder de Glassjaw Daryl Palumbo no ano 2004.
Historia A banda xurdiu do interese que tiña o cantante Daryl Palumbo polo hip hop e polo britpop. Palumbo sentía que o material que lle inspiraban eses xéneros non tiñan cabida en Glassjaw polo que creou Head Automatica para amosalo.
O álbum de estrea da banda, Decadence, foi editado o 17 de agosto do 2004. O disco entrou nas listas Billboard 200 e Top Heatseekers, e saíu da cabeza de Palumbo, que era coñecido polo seu traballo na música hardcore punk, e por Dan 'The Automator' Nakamura, famoso polo seu traballo de produción con grupos como Gorillaz e Handsome Boy Modeling School. Os dous supostamente coñecéronse unha festa e traballaron no que se convertería posteriormente no álbum. Palumbo entón recrutou aos restantes membros para a banda de xira, e saíron polos Estados Unidos, tocando con grupos como Interpol, The Rapture, Mogwai e The Used.
Head Automatica lanzou o seu segundo álbum, titulado Popaganda, o 6 de xuño do 2006. O traballo foi producido por Howard Benson, coñecido pola súa relación con grupos de rock alternativo como P.O.D. ou Cold. Coa saída de Nakamura o son da banda aproximouse máis cara o powerpop clásico, citando a Squeeze e Elvis Costello como influencias.
O EP Pop Rocks publicouse o 6 de abril do 2006, e inclúe catro temas do seguinte álbum: "Graduation Day", "God", "Nowhere Fast" e "Laughing At You".
No 2006 a banda xirou con Avenged Sevenfold e Coheed and Cambria, e uniríase durante un mes a Taking Back Sunday, Angels & Airwaves e The Subways. O grupo tamén programou unha xira en outono con Rock Kills Kid de abreconcertos, pero decidiu cancelala despois de realizar uns pouco concertos. Na súa vez foron abreconcertos de 30 Seconds to Mars xunto con The Receiving End of Sirens, Cobra Starship e Rock Kills Kid. A principios do 2007 Head Automatica tocou con Jack's Mannequin, We Are The Fury e theAudition.
O 18 de decembro do 2008 a banda apareceu nun sketch do programa de televisión The Tonight Show with Jay Leno. En maio do 2009 Palumbo confirmou que Head Automatica rematara de traballar no seu terceiro álbum de estudio, titulado Swan Damage'', e que neses intrers estaban mesturándoo.
Discografía Álbum Ano Selo Decadence 2004 Warner Bros. Records Popaganda 2006 Warner Bros. Records
Véxase tamén Ligazóns externas Head Automatica en MySpace
Categoría:Grupos musicais de dance-punk Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 2004