A tempada 2007-2008 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 41 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 7 de outubro do 2007, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 6 de abril do 2008, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby El Salvador por sexta vez na súa historia.

O Club de Rugby El Salvador era o defensor do título logrado na anterior tempada, co cal este ano se converteu en bicampión. Os dous novos equipos na categoría foron dous antigos campións, o Club Alcobendas Rugby e o Club de Rugby Ciencias, que ocuparon os lugares de Club de Rugby Cisneros e Club de Rugby Liceo Francés, ámbolos dous de Madrid.

Equipos Equipo EstadioCidadeFC BarcelonaEstadio da FoixardaBarcelonaCRC MadridValle de las CañasMadridClub de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby CienciasLa CartujaSevillaGetxo Rugby TaldeaCampo de UrbietaGetxoOrdizia Rugby ElkarteaFernando TrevijanoOrdiziaClub Alcobendas RugbyCampo de las TerrazasAlcobendasBera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoetaDonostiaValladolid RACCampos de Pepe RojoValladolidUE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

División de Honra — Tempada 2007/08PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.Bonus 1 CR El Salvador 68 18 14 0 4 12 2 CR Ciencias 60 18 12 0 6 12 3 CRC Madrid 58 18 12 0 6 10 4 VRAC 46 18 9 0 9 10 5 Getxo RT 42 18 9 0 9 6 6 Ordizia RE 39 18 8 0 10 7 7 Bera Bera RT 38 18 7 1 10 8 8 UE Santboiana 37 18 8 0 10 5 9 C Alcobendas R 35 18 7 0 11 7 10 FC Barcelona 19 18 3 1 14 9A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2006/07 — Tempadas — 2008/09 >>>>

En azul o campión de liga (1º). En vermello as posicións de descenso directo (9º e 10º).<noinclude>

Datos finais do campionato:

El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 68 puntos en 18 xornadas. Foi o 6º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, Alcobendas e Barcelona, descenderon de categoría ó remate da tempada. O zagueiro español César Sempere, do CRC Madrid, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 15 ensaios. O apertura hispano-arxentino Martín Jeremías Palumbo, do Getxo RT, rematou a tempada como máximo anotador con 370 puntos. Os equipos Club de Rugby La Vila e Club de Rugby Les Abelles, da División de Honra B, acadaron o ascenso para competir na tempada 2008-09 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2007-08

Ligazóns externas http://www.ferugby.com

Categoría:Rugby en 2008 Categoría:División de Honra de Rugby