José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882Entrevista en La Noche, 27-4-1955, p. 6. e finado en Cores (Barcala, A Baña) o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Modesto Reino Rodríguez (médico) e Carmen Caamaño Ferreiro. Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do pazo do Cotón. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista GallegaPoemas de José Reino e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da Deputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes da Restauración pola fracción demócrata do Partido Liberal. miniatura|125px|José Reino Caamaño, 1916.

Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933.

miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936. Durante a Guerra civil defendeu en xuízo algúns acusados polo franquismo,Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936. chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran quen os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer agochado durante un tempo.La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II) O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Cargos Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, presidente do consello de administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago, presidente do consello de administración de Financiera Maderera S.A. (FINSA), presidente da Liga de Amigos, membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, membro de honor do Instituto Iberoamericano e Filipino de Dereito Comparado, vocal foralista para a Compilación do Dereito Foral de Galicia.

Recoñecementos Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort (1955) Medalla de prata da cidade de Santiago de Compostela (1955) Fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela (1955)

Vida persoal

Casou en 1909 no Pazo de Cores con Elisa Santiso García, filla de Luis Santiso Diz,El Correo de Galicia, 23-12-1909, p. 2. e foi pai de Esther, Luis, Alfonso, Amalia e José Reino Santiso.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela