, nado en Fukuchiyama (prefectura de Kyoto) o 27 de agosto de 1928, e finado o 19 de outubro de 2018, foi un químico orgánico e biólogo mariño xaponésThe Nobel Prize in Chemistry 2008 galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2008 polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP), xunto aos estadounidenses Martin Chalfie e Roger Y. Tsien.

Traxectoria Shimomura foi educado en Manchuria e Osaca, onde o seu pai, oficial do exército, estaba destinado. Posteriormente trasladouse a Isahaya, Nagasaki. A súa muller, Akemi, á que coñeceu na Universidade de Nagasaki, é tamén química orgánica e compañeira nas súas investigacións. O seu fillo, Tsutomu Shimomura, é un experto en seguridade informática que colaborou no arresto do hacker e phreaker Kevin Mitnick.

Estudos académicos e traballo científico O profesor Shimomura posuía un Ph.D. en química orgánica e foi profesor emérito de dúas institucións científicas dos Estados Unidos, o Marine Biological Laboratory (MBL) situado en Woods Hole, Massachusetts (onde traballou desde 1980 ata a súa xubilación en 2001) e a Boston University Medical School.

O 8 de outubro do 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto a Martin Chalfie e Roger Y. Tsien, polo seu traballo coa proteína fluorescente verde (GFP), dentro dos seus estudos da medusa Aequorea vitoria e da proteína aequorina. O profesor Shimomura foi o primeiro que illou e describiu a GFP da medusa, e descubriu que a GFP, ao recibir radiación ultravioleta, emite unha luz verde.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2008 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2008 Perfil de Osamu Shimomura en NNDB

Categoría:Químicos do Xapón Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados na prefectura de Kyoto Categoría:Nados en 1928 Categoría:Premios Nobel do Xapón Categoría:Finados en 2018