Luís Isidoro Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1836 e finado en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Luís Rodríguez Garea, era doutor en Medicina pola Universidade de Madrid. Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo, onde leu un dos brindesVillar, Carmen "Aparece el tercer "Brindis" del Banquete de Conxo de 1856, que se creía perdido" Faro de Vigo, 4/1/2017 ., e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. Foi deputado nas Cortes pola circunscrición de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884) e senador pola provincia de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1885-1886). En 1871 foi nomeado gobernador civil de Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1857) e colaborou en El Buscapié, El Siglo Médico, La Perseverancia, Revista de Galicia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán.
Obras miniatura|page=61|Álbum de la Caridad, 1862. Sobre Medicina Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas, 1878 Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar, 1880 Varela de Montes y la Escuela Médica de Santiago, 1880
Poesía Mis ideales. Poesías, 1902. Vida persoal Era irmán de José Rodríguez Seoane. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Banquete de Conxo
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1902 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega