250px|dereita|miniatura|Serra de Miramar O Alt Camp (literalmente Alto Campo) é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. A súa capital é Valls, que está no centro da comarca. En 2009 tiña 45.001 habitantes.

A comarca limita ao norte coa Conca de Barberà, ao nordeste con Anoia, ao leste co Alt Penedès e o Baix Penedès, ao sur co Tarragonès e ao oeste co Baix Camp. É unha das tres comarcas nas que quedou dividido o Camp de Tarragona na división comarcal de 1936 proposta por Pau Vila.

O Alt Camp é eminentemente agrícola e a industria está moi concentrada na contorna de Valls, reforzada pola proximidade do complexo petroquímico do Tarragonès.

Concellos Actualmente a comarca está formada por 23 concellos.

Concello Poboación(hab.) Aiguamúrcia 864 Alcover 4.731 Alió 368 Bràfim 674 Cabra del Camp 1.011 Figuerola del Camp 330 Els Garidells 198 La Masó 287 El Milà 177 Montferri 323 Mont-ral 182 Nulles 414 El Pla de Santa Maria 2.045 El Pont d'Armentera 604 Puigpelat 891 Querol 533 La Riba 710 Rodonyà 504 El Rourell 362 Vallmoll 1.529 Valls 23.948 Vilabella 789 Vila-rodona 1.112

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do Consell Comarcal do Alt Camp

Categoría:Comarcas de Cataluña