O Concurso de Saltos Internacional da Coruña é unha proba hípica que cada mes de decembro se disputa no Centro Hípico Casas Novas, en Arteixo. A primeira vez que se disputou foi no ano 2000. Trátase dunha proba con categoría de 5 estrelas (5*****), distinción que teñen os concursos que ofrecen un mínimo de 385.221 euros en premios (500.000 francos suízos) e nos que participan cabalos dunha idade mínima de 7 anos. Véxase tamén Ligazóns externas CSI Casas Novas
Categoría:Equitación Categoría:Arteixo