Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 20-6-1940, p. 6., foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria miniatura|275px|Familia Peinador en 1931. Fillo de Sabino Enrique Peinador Vela, sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Foi Socio protector do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz Balneario en 1924. Membro do Partido Galeguista, en abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.
Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas en 1920. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promoveu diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo.
Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu Vocabulario dos cesteiros de Mondariz, na revista Nós (1922).
En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz Balneario.
Vida persoal Casou con Georgina Porrúa Moreno de Villar e foi pai de Enrique Peinador Porrúa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
González Pérez, Clodio. Artigo "PEINADOR LINES, Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Outros artigos Balneario de Mondariz
Ligazóns externas Franco, Fernando: Peinador Lines Fundación Mondariz Balneario
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Políticos do Partido Galeguista