Jonas Edward Salk, nado en Nova York o 28 de outubro de 1914 e finado no barrio de La Jolla (San Diego) o 23 de xuño de 1995, foi un investigador, médico e virólogo estadounidense, principalmente recoñecido polo seu descubrimento e desenvolvemento da primeira vacina contra a poliomielite segura e efectiva. Na Universidade de Nova York destacou non só pola súa destreza académica, senón porque tamén decidiu realizar investigacións médicas no canto de converterse en médico.

Salk é tamén famoso por desenvolver unha vacina libre de patentes. Cando lle preguntaron nunha entrevista televisiva quen posuía a patente da vacina, Salk respondeu: «Non hai patente. Pódese patentar o sol?».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Jonas Salk Trust

Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Profesores da Universidade de Nova York Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América