Jennifer Trinidad Fernando, nada nos Ánxeles o 9 de setembro de 1973, é unha actriz e cantante estadounidense de orixe filipina, máis coñecida como Jennie Kwan.

Traxectoria Jennie Kwan é sobre todo coñecida polo papel de Samantha "Sam" Woo na serie California Dreams (1993-1996) e por poñer a voz de Suki na serie de animación Avatar: The Last Airbender (2005-2008), tamén actuou en series como Family Matters, A Nanny e no filme Trojan War. No teatro participou en pezas como Miss Saigon e Avenue Q. Como cantante participou no grupo xuvenil Nobody's Angel (2001-2002).

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Personalidades sen imaxes